El BNG, el único partido que pide el levantamiento del veto.





6.1.1. Unha economía con base industrial

o BNG defenderá as seguintes medidas:

⁃ Cumprir a Lei do Sector Naval de Galiza (Lei 4/2010), impulsada por unha Iniciativa Lexislativa Popular, e aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, mais nunca desenvolvida polo PP, a pesar de o sector naval ter un carácter estratéxico para Galiza.


Erradicar as limitacións da produción do sector naval impostas por parte da UE, que impiden que o estaleiro público Navantia-Fene poida construír buques civís e a imposibilidade de realizar contratos mediante a fórmula do “tax lease”.


⁃ Reclamar a participación da Xunta de Galiza no Consello de Administración de Navantia.
⁃ Garantir un soporte financeiro necesario ao sector naval en Galiza, que permita acometer novos proxectos e captar pedidos internacionais.


⁃ Apoiar a construción do dique flotante, para que invista nunha infraestrutura que lle permita a Navantia- Ferrolterra continuar a ser competitiva no mercado de reparacións navais de grandes buques, moi especificamente metaneiros.