A deputada do BNG Rosana Pérez pregunta a Montoro sobre os estaleiros de Navantia

(Como siempre, el BNG el único que se interesa de verdad por el sector naval de ferrolterra)


Viernes, 26 abr 2013 | Por | Noticias: Naval Imprimir este artículo rosana perez bng  A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou unha pregunta dirixida ao Goberno para preguntarlle que carga de traballo existe para os estaleiros públicos de Navantia na Ría de Ferrol.
A qué “chapas”se refería Montoro?
Rosana Pérez alude ás afirmacións realizadas polo Ministro Cristóbal Montoro no pleno do pasado 13 de febreiro, que en resposta á pregunta formulada por esta deputada sinalou que “en marzo se van empezar a cortar chapas”.
Dado que non houbo novos traballos en Navantia, nen no pasado mes de marzo nen agora no mes de abril, ¿A qué se refería o Ministro de Facenda cando nesa sesión afirmou que “en marzo se ían empezar a cortar chapas”? De qué chapas se trata?”, pregunta a deputada do BNG . E quer que o Ministro explique que carga de traballo concreta existe e para canto tempo.

Fixeron a solicitude formal ante a UE sobre o dique flotante?
Outra das cuestións que a parlamentar nacionalista pón enriba da mesa é a relativa ao dique flotante. Lembra que tamén lle preguntamos a “Montoro por esta necesaria infraestructura e a negativa do Goberno a promovela cando daría carga de traballo para case dous anos”.
Máis en febreiro “o Ministro eludiu respostar sobre o dique flotante e tan só dixo que o “Goberno non descartou nada”. Mentras tanto, as mesmas autoridades comunitarias desvelaron que o Executivo español non tiña realizado ningunha solicitude formal para poder construir o dique flotante”.
Por iso Rosana Pérez dirixe unha serie de preguntas ao Ministro para sabe se se ten dirixido de maneira formal á UE para demandar a construcción do dique flotante, quer sabe se o Goberno español xa descartou definitivamente a posibilidade desta infraestructura, e nese caso, a que se debería.

Están negociando que se levante o veto sobre Navantia Fene?
Outras das cuestións que a parlamentar do BNG non esquece é o veto que desde hai anos pesa sobre Navantia Fene para construir buques civís. “Un tema que debería ser unha prioridade na axenda e nas negociacións do Goberno en Bruxelas, e algunha vez o Goberno apuntou que estaba pendente desta cuestións pero nunca soubemos se estos contactos podían derivar en algo máis tanxíbel”.
De aí que pregunte ao Executivo se está a realizar algunha xestión ante a UE para que se levante o veto sobre Navantia Fene, e de ser así, “Existe flexibilidade por parte da UE para que se desbloquee esa situación que tanto limita ao noso estaleiro?”.