Os enganos do PP.


Estas son as grandes promesas do PP referentes aos estaleiros da ría:

1º- O Plan para revitalizar os espacios ociosos de Imenosa.
2º-O Gran centro de reparacións navais.
3º-O levantamento do veto.
4º-O dique flotante.
5º-O contrato de Pemex.

Todos estes feitos foron promesas incumplidas polo Partido Popular,que mentres estivo na oposición empregou unha e outra vez pra cargar contra o goberno socialista.
Todo fume,NINGÚN FEITO,e o que queira saber máis, que presente datos e feitos, que rebusque na hemeroteca e na videoteca.

O bipartidismo é o grande cancro deste país.Uns lle botan a culpa aos outros polo que fixeron ou non fixeron e en canto acadan o poder esquecer as suas promesas.

Señores e votantes do PP,as culpas non as ten nin Zapatero,nin Almunia nin Rubalcaba.
Vostedes acadaron o poder que tanto desexaban,actuen , QUE PARA ISO VOSTEDES GOBERNAN,xa sei que iso é moito pedir,e non o van facer,porque nunca tiveron tales intencións,so empregaron o tema do naval,este tema que xenera tantas esperanzas na xente,para acadar votos.Algúns non somos parvos,e  a hora de votar pasaremoslles factura.

Outros buscaran os culpables en "desiertos remotos y montañas lejanas"